26/09/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Chile: 180 mil manifestantes na Marcha pola Educación en Santiago
Tras catro meses de folga estudantil, con adolescentes en folga de fame, un neno de 16 anos baleado pola policía e continuas marchas de miles de manifestantes, o respaldo ao mandato de Piñera caeu a mínimos históricos.
Os estudantes mantéñense nas rúas e
convocaron esta marcha co obxectivo de protestar
para lograr que se reprograme o cronograma de
clases para evitar que miles de estudantes
universitarios e de secundaria perdan o ano escolar
e xerar unha verdadeira atención das súas demandas
estudantís.
A protesta, convocada por estudantes e profesores,
realízase despois de que o goberno anunciase que
70.000 escolares perderían o ano académico tras
máis de catro meses de folga estudantil en demanda
de educación gratuíta, indicou DPA.
Camila Vallejo, apuntou que o número de
manifestantes "é un sinal de que nós mantemos,
ademais do nivel de xente na marcha temos un nivel
de convencemento moi alto, isto é permanente".
"As familias chilenas acompáñannos e están xa nesta
manifestación" declarou Camila.
Lxs estudantes que encabezaron xunto a profesores a
marcha e concentración pola educación dese xoves en
Santiago cifraron en 180 mil os asistentes á
protesta que comezou na USACH, avanzou pola Alameda
ata Manuel Rodríguez e rematou no Parque Almagro.
A presidenta da Federación de Estudantes da
Universidade de Chile e unha das voceiras da
CONFECH, Camila Vallejo, entregou ese balance no
seu discurso durante o acto final no escenario
instalado no parque xunto á avenida Santa Isabel en
Santiago Centro.
A dirixente falou de polo menos "180 mil"
participantes entre universitarios de conxuntos
tradicionais e privados, secundarios, profesores,
traballadores doutros sectores e apoderados, e dixo
que con ou sen diálogo as mobilizacións continúan.
Seguimos mantendo o movemento e as mobilizacións,
tamén porque aínda non cumprimos o obxectivo que
nos propuxemos. O goberno deu propostas totalmente
insuficientes que non van na dirección do que nós
formulamos, e o movemento sempre seguiu
independente das instancias de diálogo ou non co
Goberno", expresou.
A manifestación dende o sector da Estación Central
desenvolveuse sen incidentes ata o seu termo neste
punto en cuxas inmediacións algúns grupos illados
se enfrontaron cos Carabineiros.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript