05/09/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Máis colaboracións.
Desaparecerá o Servizo de Apoio ao Emprendemento e ao
Emprego?
Os rumores son insistentes, parece que a Universidade non
ten intención de continuar con este servizo despois de dez
anos de funcionamento.
Nota do sindicato
Investigaremos esta situación, o vindeiro 29 faremos a
pregunta pertinente no Consello de Goberno
A guerra dos mundos
Aínda que moitos traballadores pretenden seguir
na inopia vivindo a fantasía de pertencer a
unha consolidada clase media, a precariedade
laboral, os ataques contra o ensino e a
educación públicos e a destrución dos logros
conseguidos durante cen anos de loita obreira
estannos a axudar a espertar dese soño
catatónico.
Pode que o persoal tarde aínda un par de anos
en situarse no escenario, pero a inxustiza
social irá torpedeando as nosas vidas
aleatoriamente e ninguén poderá sentirse a
salvo na xungla que se nos aveciña. Os ricos
lévannos vantaxe. Eles si que saben, con
premeditación e moita aleivosía, que estamos
inmersos nunha dura loita de clases. É a guerra
entre os dous mundos: o seu, dos seus
intereses, e o de todos os demais. Como non ían
sabelo, se a fabricaron eles! E vannos gañando
por goleada..
En confianza
Rajoy sostén que o estado necesita confianza.
Pódese confiar na promesa de que non tocará o
Estado do benestar, cando estamos a ver que nas
zonas onde o PP goberna se reducen os recursos
de servizos públicos básicos como a sanidade, a
educación ou a dependencia? Inspira confianza
quen permitiu que nas eleccións de maio
figurasen nas listas persoas imputadas en casos
de corrupción? É capaz de xerar certeza alguén
que dende que estalou a crise permaneceu mudo
sen que se coñeza nin unha soa formulación
global seria sobre como afrontala? Di tamén que
o seu obxectivo prioritario é crear emprego,
pero como se concilia tal propósito co feito de
que Aguirre en Madrid, Feijóo en Galicia ou
Cospedal en Castela-A Mancha estean a enviar o
paro agora mesmo a miles de profesores?
En confianza, Rajoy: non lle parecen demasiadas
contradicións?
O significado do público
O PP pon o grito no ceo pola gratuidade da
educación coma se nos estivese a regalar algo,
pero se algo é público é porque os cidadáns xa
o pagamos cos impostos directos e indirectos.
Tras estas declaracións e tras os recortes hai
unha estratexia que busca converter un dereito
de todos (a educación pública) nun servizo
deficitario e marxinal para logo poder
xustificar os seus regalos de chan público a
colexios católicos e as axudas aos privados
concertados. É dicir, o fomento do seu modelo
educativo elitista, competitivo,
segregacionista nas aulas, de uniforme, de
pagamento e relixioso onde en moitos casos se
ensina a crer e non a formar mentes críticas.
Ao final, a culpa é dos de, EU, BNG, esquerda
independentista, indignados do 15-M,
sindicalistas... que casualmente son os que non
votan a Aguirre, Feijoo, Cospdal…. Aínda que,
se alguén ten culpa desta situación, son os que
lles votan para que xestionen o público.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript