setembro de 2011
 
 

19/09/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Xa podían saír os ricos en manifestación

Ben, pois xa temos imposto aos ricos... Pois vaia, non lles vexo cara de entusiasmo. Non os alegra? Non é o que levamos pedindo tempo? Nin sequera lles dá un pouco de gustiño, polo rancor que todos sentimos cara aos "ricos"? Non, xa vexo que non. A min, tampouco para que nos enganar. Tanto marear o asunto durante meses, para ao final quedar en tan pouca cousa.

 

  • Noticias relacionadas

Pois vaia, non lles vexo cara de entusiasmo. Non os alegra? Non é o que levamos pedindo tempo? Nin sequera lles dá un pouco de gustiño, polo rancor que todos sentimos cara aos "ricos"? Non, xa vexo que non. A min, tampouco para que nos enganar. Tanto marear o asunto durante meses, para ao final quedar en tan pouca cousa.
 
Se, menos é nada, non o nego. Benvidos sexan os millóns que se ingresen, que non estamos para desperdiciar nada. Pero aínda que menos sexa nada, segue sendo menos, e un menos moi cortiño. Si se compara co que se deixou de recadar tras anos de relaxación fiscal, e si se ten en conta o esforzo que estamos a facer os traballadores, o menos aproxímase demasiado á nada.
 
Para que a medida fose máis crible, e espertase máis entusiasmo nos cidadáns, os ricos podían ter patexado un anaco, protestado, mesmo saír en manifestación. Da mesma forma que o malestar social, as folgas e disturbios, dan credibilidade aos plans de axuste dos gobernos ante os mercados e as autoridades financeiras -canto máis protestan os traballadores, máis certeza de que un país vai polo bo camiño-, a reacción das grandes fortunas podería ser a medida de ata que punto lles afectan ou non as medidas.
 
Aínda que fose en plan paripé, xa podían ter saído á rúa os donos deses grandes patrimonios. Pero nada, non protestan, nin eles nin os mercados, sempre tan delicados e que agora parecen non se haber nin decatado do novo imposto aos ricos. Nin a prima de risco se conmove uns puntiños.
 
Por iso, para moitos, o debate aberto sobre a fiscalidade, e o xeito en que conclúe, lonxe de calmarnos irrítanos máis aínda. Porque se algo confirmamos, ao ver os datos que estes días se publican sobre os posibles declarantes do tributo, é que somos un país moi desigual, no que hai ricos moi ricos, que ademais contribúen moi pouco. Que España non ten un problema de falta de diñeiro, senón de como está repartido; que non hai escaseza, senón desigualdade. E que é máis urxente que nunca unha reforma fiscal a fondo.
 
OPINIÓN – ISAAC ROSA

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript