19/09/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
O parlamento aproba a precariedade absoluta
O Congreso aprobou unha nova entrega dunha reforma laboral interminable, que comezou co desconto salarial a traballadores/as da administración pública e a conxelación das pensións seguida da xa denominada explícitamente como reforma laboral (Lei 35/2010, de 17 de setembro, de medidas urxentes para a reforma do mercado de traballo), continuou co pensionazo, pacto do euro, reforma da negociación colectiva, contrato de formación, eliminación do límite á contratación eventual…
Cando en setembro do ano pasado comezou, oficialmente, o proceso lexislativo da reforma laboral asegurouse que ía encamiñada a crear emprego estable e de calidade, así se contemplaba no preámbulo da propia le, explicitándose como obxectivos fundamentais: "crear "emprego estable e de calidade", "restrinxir o uso inxustificado da contratación temporal" e "favorecer unha utilización máis extensa da contratación indefinida". Que non vos dea a risa, isto foi o que nos intentaron colar. A realidade é que só serviu para abaratar o despedimento e para que o pouco emprego que se creou fose de nula calidade tanto en dereitos como en salarios.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript