19/09/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
O imposto de patrimonio
Con esta medida o PSOE pretende “amañar” nun mes, e cunha soa medida, o que desfixo nos últimos anos (pretende, con ela, que nos esquezamos de que segue lexislando día a día contra os intereses da clases máis desfavorecidas). Os voceiros do capital non tardaron en saír á palestra mediática para atacar unha medida que ameaza, moi levemente, o seu botín.
Despois de case 4 de anos sen imposto de
patrimonio, debido á actuación bochornosa do
goberno de Zapatero, na que a súa predilección
polas clases máis altas quedou clara, Rubalcaba
pide a este que volva instaurar unha medida que se
presupón como de esquerdas. Sen querer entrar en
guerra con banqueiros, empresarios e grandes
fortunas en xeral, os de centro-esquerda pretenden
arranxar en dous meses o que non fixeron en 8 anos.
Aínda que non se quedan curtos os de
centro-dereita, deixando claros o patético e ruín
da súa reivindicación. Tal medida, imposta durante
o goberno de José María Aznar, foi suprimida
(parcialmente non na súa totalidade), no ano 2007
por José Luís Rodríguez Zapatero, e iso que para
moitos foi nese mesmo ano cando comezou a crise
actual. Será que o do acento texano é todo un ídolo
por lares ultradereitistas.
Sen entrar practicamente en detalles, pois a
confusión no partido é tal que uns falan de
Pero como era de esperar, os Amancio Ortega,
Francisco González, Emilio Botín e chupa riquezas
en xeral, comezaron as súas presións da man do seu
partido político, o Partido Popular. E é que parece
inconcibible que con Rodrigo Rato na súa cúpula,
póidase favorecer o pobo e non os banqueiros. De
resolucións convenientes para a maioría nin falar
nese ambiente, non vaia ser que o pobo se subleve,
e non pagamos máis que eles, non se vaian decatar
de que os estamos a explotar e enganamos.
Debera ser presuposto pola sociedade (non sendo
así) que cada persoa achegaría ao Estado o que ben
puidese, dependendo do seu soldo e as súas
propiedades. Isto ademais de facer minimamente
xusto o sistema fiscal, aumentaría enormemente os
ingresos do Estado (sen entrar en previsións a
dedo), podendo estimular o crecemento económico.
Pero iso non é o mellor, podería ata ter efectos
sociais positivos, alegrando un día en varios anos
a unha cidadanía cada día máis desesperada.
Pero dende núcleos sociais digamos acomodados,
representación do PP, empéñanse en facernos crer
que coa devandita medida só lograremos mandar o
diñeiro fóra do noso país, véxase paraísos fiscais
ou algo similar. Se é que dá gusto cando se
presupón iso das fortunas do estado, ata eles o
admiten. Ou que moitos monopolios económicos do
noso país, de recoñecemento e valor internacional,
poderían emigrar. Isto último di moito acerca do
seu compromiso ético-social. Pero oian, nada que
non saibamos.
Xa sabemos como vai ser o estado español a partir
do día 20 de novembro, se todo sae como teñen
previsto. Comandadas por Mariano, personaxes como
Cospedal ou Aguirre camparán ás súas anchas, entón
os recortes sociais e a desigualdade irán en
imparable aumento. Pero amparándose nunha falsa
democracia, non teremos réplica aos ollos da
sociedade. A culpa é nosa, só a nosa.
Antes de que se me esqueza, canto cobra a súa
maxestade? Dígoo máis que nada por se chega ao
mínimo para o devandito imposto con isto da
crise....
Kaosnarrede
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript