As asembleas realizadas en Ferrol e Coruña, manifestaron o alto grado de sintonía existente entre o colectivo e o Comité de Empresa.
Abordáronse todos os temas de interese colectiva, as actuacións do Comité de Empresa, as relacións coa institución, as xestións realizadas e o estado das mesmas.
O Congreso aprobou unha nova entrega dunha reforma laboral interminable, que comezou co desconto salarial a traballadores/as da administración pública e a conxelación das pensións seguida da xa denominada explícitamente como reforma laboral (Lei 35/2010, de 17 de setembro, de medidas urxentes para a reforma do mercado de traballo), continuou co pensionazo, pacto do euro, reforma da negociación colectiva, contrato de formación, eliminación do límite á contratación eventual…
Nesta época, os traballadores vense obrigados a aprender a unha gran velocidade a natureza do capitalismo.
Falamos dun sistema que utilizou os seus aparatos mediáticos para difundir a idea -ata convertela nunha lenda urbana- que "a xente viviu por enriba das súas posibilidades".
A empresa á que está vinculada a sobriña de Romay Beccaria ocuparase do mantemento do sistema de xestión de persoal da Administración galega, tras unha contratación financiada con fondos europeos
O ministro de Traballo véndelle aos empresarios o novo contrato de formación fundamentándose en que o seu custo á Seguridade Social
e as baixas remuneracións o que redundará nunha maior produtividade para as empresas.
Dende 1995 á data máis de 40 mil traballadores que eran sometidos a un réxime de escravitude foron liberados en operacións de inspección laboral en zonas rurais [do Brasil].
Os datos da organización indican que, oficialmente, a taxa de parados aumentou en xullo dúas décimas, ata o 21,2%
O pasado 9 de setembro máis 10000 persoas percorreron as rúas de Compostela en defensa da ESCOLA PÚBLICA. Non só docentes, toda a comunidade escolar reacciona contra as políticas aniquiladoras da Xunta de Galicia.
Non defendemos ningún privilexio, como demagoxicamente repiten aqueles que se dedican a emporcallar a imaxe do profesorado. Claro, non son os profesores e mestres dos seus fillos.
Ben, pois xa temos imposto aos ricos... Pois vaia, non lles vexo cara de entusiasmo. Non os alegra? Non é o que levamos pedindo tempo? Nin sequera lles dá un pouco de gustiño, polo rancor que todos sentimos cara aos "ricos"? Non, xa vexo que non. A min, tampouco para que nos enganar. Tanto marear o asunto durante meses, para ao final quedar en tan pouca cousa.
Con esta medida o PSOE pretende “amañar” nun mes, e cunha soa medida, o que desfixo nos últimos anos (pretende, con ela, que nos esquezamos de que segue lexislando día a día contra os intereses da clases máis desfavorecidas). Os voceiros do capital non tardaron en saír á palestra mediática para atacar unha medida que ameaza, moi levemente, o seu botín.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript