setembro de 2011
 
 

19/09/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

O ministro de Traballo pide usar o contrato de formación polo seu baixo custo

O ministro de Traballo véndelle aos empresarios o novo contrato de formación fundamentándose en que o seu custo á Seguridade Social e as baixas remuneracións o que redundará nunha maior produtividade para as empresas.

 

  • Noticias relacionadas

Durante o debate de validación no Pleno do Congreso do decreto de medidas urxentes para a promoción do emprego dos mozos e o mantemento dos 400 euros para os que esgotasen as súas prestacións, Gómez dixo que o novo contrato de aprendizaxe tamén redunda nunha maior produtividade para as empresas.
 
Ademais, o ministro de Traballo tamén defendeu a eliminación da limitación do encadeamento de contratos temporais durante dous anos e negou que sexa unha renuncia á estabilidade do emprego (isto si que é coherencia argumental).
 
Gómez recordou que é unha práctica legal (agora que a legalizaron eles) e comprometeuse a que se o PSOE volve gobernar será derrogada no seu prazo e "se é posible sen esperar aos dous anos" (non o dirá para que os votemos, pois si que podemos confiar na súa palabra!).
 
O ministro de Traballo asegurou que as bonificacións que ofrece o novo contrato de formación aos empresarios son "as máis importantes en toda a lexislatura laboral" e apuntou que o custo á Seguridade Social é cero para moitas empresas e "moi reduciu" para as grandes compañías (a precariedade absoluta, bolseiros toda a vida, que futuro laboral lles deixamos ás novas xeneracións!).
 
Para Gómez, a utilización con éxito desta figura contractual denotaría o compromiso empresarial ao cambio de modelo produtivo e o apoio a unha xeración de mozos, que sen contribuír ao problema que lles levou ao desemprego padecen máis que ninguén as súas consecuencias (como non o van a utilizar se era isto o que querían?).
 
O ministro dixo que en 2011 o Goberno abordou os cambios "máis intensos" no mercado de traballo no último cuarto de século e que malia que non sabe se serán suficientes, xa que o dirá o ciclo económico, un país "non" debe cambiar todos os anos a súa lexislación laboral" (coas leis ditadas desde o parlamento e as que seguiran vindo está claro que o mercado laboral cambiou radicalmente sempre a favor do empresariado e do capital).
 
Está clarísimo para quen gobernan e que intereses defenden. 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript