setembro de 2011
 
 

19/09/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Cinco falacias fiscais

Por orde de aparición en calquera debate de barra de bar -ou de faladoiro da tele- sobre o recuperado imposto de Patrimonio.

 

  • Noticias relacionadas

1. "Non" vai solucionar "a crise". Tampouco vai curar o cancro, nin evitará o cambio climático. Pero no último ano que estivo en vigor, o imposto de Patrimonio recadou 2.121 millóns de euros: son 600 millóns máis do que aforrou o Goberno coa conxelación das pensións.
 
Mesmo a versión descafeinada que planea recuperar o Goberno -só para patrimonios de máis dun millón de euros- supoñerá unha recadación anual de mil millóns: máis do que custa ao ano a axuda de 400 euros para os parados de longa duración.
 
2. "Os ricos de verdade non o van pagar". De onde saía daquela o diñeiro que antes recadaba este imposto? E aínda que algúns ricos se escapen, iso implica que non hai que intentalo? Acaso o feito de que exista a fraude fiscal obriga a renunciar aos impostos? Por que algúns aceptan este delito como algo tan inevitable que nin sequera paga a pena combatelo?
 
3. "Subir os impostos crea paro". Pois oestado é récord absoluto no paro, a pesar das sucesivas rebaixas de impostos e de ter unha das presións fiscais máis baixas de Europa.
 
4. "Castiga á clase media". Coa súa anterior regulación, só pagaron este imposto o 5% dos contribuíntes: algo menos dun millón de persoas. Se se eleva o mínimo exento, só o pagarán 90.000 grandes fortunas: o 0,2% da poboación.
 
5. "É electoralista". Entón estamos ante o primeiro caso da historia onde subir os impostos úsase para pedir o voto (o verdadeiramente electoralista foi suprimilo en 2008 ou non o recuperar antes). Non adoita ser ao revés? Non é máis populista prometer rebaixas fiscais imposibles de cumprir?

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript