19/09/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Estudantes chilenos tomaron as rúas e non pensan en abandonalas
O movemento estudantil chileno continuou as súas marchas multitudinarias para premer o Goberno por garantías antes de sentarse a dialogar en torno ás súas demandas de educación de calidade, igualitaria e gratuíta.
30 mil, mozos e mozas, marcharon dende a
universidade ata unha praza próxima ao centro da
cidade. A camiñada concluíu cun acto cultural.
Non obstante, cando o acto practicamente concluíra
e quedaban uns mil mozos na praza, un grupo de
encapuchados apostouse tras as reixas dunha sede
universitaria próxima e atacou con proxectís á
Policía, que respondeu con chorros de auga e gases
lacrimóxenos.
Aínda que os universitarios e un cuarto de millón
de secundarios aseguran que non abandonarán as
mobilizacións, por primeira vez e debido a presións
económicas, abríronse á posibilidade de retornar a
clases.
Os universitarios esixen ao Goberno do presidente
Sebastián Piñera varias garantías antes de iniciar
un diálogo: que non se entreguen recursos ás
universidades que lucran con diñeiros fiscais e que
se anule o prazo do 7 de outubro para pechar o
semestre académico.
"Non" hai "diálogo con esa presión", sostivo a
voceira universitaria Camila Vallejo antes do
inicio da marcha, mentres o secretario xeral dos
estudantes da Universidade de Chile, Cristóbal
Lagos, asegurou que o prazo foi inventado polas
autoridades.
A educación chilena é unha das máis desiguais do
segundo o último estudo difundido pola Organización
para a Cooperación e Desenvolvemento Económico
(OCDE)
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript