19/09/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Coñecen algún culpable da crise que estea preso ou afastado do seu cargo?
Nesta época, os traballadores vense obrigados a aprender a unha gran velocidade a natureza do capitalismo. Non nos referimos tanto á necesidade de ver, por exemplo, que a OTAN é unha máquina de morte cuxo obxectivo é roubar materias primas para alimentar ao monstro, senón ao feito de sentir nas súas propias familias a crúa realidade deste sistema, e ter que procesar o que acontece sen posibilidade de treguas.
Falamos dun sistema que utilizou os seus
aparatos mediáticos para difundir a idea -ata
convertela nunha lenda urbana- que "a xente
viviu por enriba das súas posibilidades". Unha
frase que escoitamos todos e que é un xeito de
dicir que os traballadores que tiñan un soldo, e o
gastaban en letras para ter un coche, nunha
hipoteca para pagar un apartamento, e ían uns días
de vacacións eran algo así como uns descerebrados,
pouco conscientes; imos, que ese non era o seu
papel na vida e podía rematar todo de mal xeito. E
iso que dende o sistema repetían que o consumo era
necesario para que a roda non se detivese. Agora
resulta que, non que o desemprego ao que se ven
abocados millóns de persoas ten culpables: eles
mesmos. A clase política, que fomentou estes
valores dende as súas tribunas locais, rexionais ou
nacionais, e o gran capital que obtivo beneficios
millonarios, non son responsables de nada do que
acontece. (Coñecen algún culpable da crise que
estea preso ou afastado do seu cargo?)
O sistema é poderoso, ten múltiples cartas
velenosas e xógaas con especial mestría. Que un
traballador se sinta culpable do que lle acontece,
é unha táctica máis que vella e que serve para
exonerar aos administradores do réxime pero, sobre
todo, para inmobilizar colectivos, a centros de
traballo que parecen non ter unha resposta
contundente ante despedimentos masivos. Outra
características desta época é que o inimigo de
clase non ten medo, é como se a semente sementada
(xa saben, "todos son iguais", "o capitalismo é a
liberdade", "non" hai "alternativa a este sistema",
"o importante é o convenio, non perder poder
adquisitivo") estivese agora a dar os seus
resultados. Non obstante, hai algo máis poderoso
que todo iso: a conciencia de clase; algo que só os
conflitos e a loita é capaz de ensinar, e que serve
para destruír murallas e descubrir sistemas como o
capitalismo, que esconden tras a súa máscara
lustrosa a miseria e o terror.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript