setembro de 2011
 
 

19/09/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

O copago, despois das eleccións

Estamos convencidos de que unha das primeiras medidas que se lexislará unha vez realizadas as eleccións, sexa quen sexa o partido que as gañe (PPSOE) será o do repago, iniciarase, deste xeito, unha nova etapa na prestación de servizos por parte da administración obrigando a pagar dúas veces pola percepción de servizos, ate agora, públicos. Esta medida levará a que multitude de cidadáns non teñan acceso ás prestacións máis elementais.

 

  • Noticias relacionadas

Todos quietos ata despois das eleccións xerais. Seguindo a estratexia de Mariano Rajoy, a de non facer excesivo ruído para non mobilizar á esquerda, a Fundación FAES deixou para despois do 20 de novembro o amplo informe sobre a reforma do sistema sanitario, as políticas de gasto farmacéutico e o estudo do copagamento noutros países, segundo informaron fontes desta fundación.
 
Nun principio, estaba previsto que este extenso documento vise a luz este outono pero o adianto electoral dos comicios obrigou a pospoñelo. As fontes consultadas cren que previsiblemente será presentado no mes de decembro.
 
Este informe foi encargado polo propio Mariano Rajoy para buscar solucións ante o elevado gasto farmacéutico que está a lastrar as contas das comunidades autónomas. Este verán coñecéronse datos que desvelan que a débeda en sanidade supera os 9.000 millóns. Ademais, os hospitais deben 5.200 millóns en medicamentos e varias autonomías tardan máis de 600 días en pagar os medicamentos que dispensan dende os hospitais.
 
O documento que está a elaborar FAES pretende ofrecer fórmulas para paliar estes problemas, co obxectivo de reducir o gasto público farmacéutico.
 
O informe de FAES formula reducir o gasto farmacéutico
 
Ademais, segundo FAES, parte dese gasto non contribúe a mellorar a saúde porque en moitas ocasións hai abuso de uso dos medicamentos por parte dos cidadáns e unha práctica que hai que analizar para corrixir "ese mal uso do diñeiro público", segundo as fontes consultadas.
 
Por iso, este informe abranguerá temas moi diversos, dende a vertente presupostaria, pasando pola relación da industria cos médicos ou o uso dos xenéricos. Tamén se analizará, entre outras cuestións, o modelo das oficinas de farmacia (actualmente é réxime de monopolio e compararase co modelo navarro, que optou pola apertura de farmacias), os pacientes crónicos, os modelos de hospitais ou a atención sociosanitaria.
 
PREPARÁDEVOS
 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript