setembro de 2011
 
 

19/09/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Asembleas de PAS Laboral

As asembleas realizadas en Ferrol e Coruña, manifestaron o alto grado de sintonía existente entre o colectivo e o Comité de Empresa.
 
Abordáronse todos os temas de interese colectiva, as actuacións do Comité de Empresa, as relacións coa institución, as xestións realizadas e o estado das mesmas.

 

  • Noticias relacionadas

 

CONVENIO COLECTIVO
 
Comezamos a negociación do IV Convenio Colectivo intentando abordar os aspectos máis complicados para, en función da sintonía que se observase continuar ou non coa negociación.
 
Os aspectos abordados (repartíronse na asemblea) poñen ás claras o desacordo nos aspectos máis importantes.
 
RPT
 
Púxose de manifesto, unha vez máis, a discriminación do colectivo con respecto a outros sectores da UDC, basta, simplemente, lembrar que, mentras que se nos segue a negar a RPT a negociación colectiva do PDI laboral non se resentiu da situación de crise que a Universidade di atravesar (non houbo tampouco problema no aboamento dos recargos por non pagar os atrasos, dos salarios acordados nese convenio, no tempo establecido debido a unha mala xestión denunciada polas representantes do PAS no Consello de Goberno).
 
Púxose de manifesto que se nos mentiu cando se dixo na aprobación do orzamento dos anos 2010 e 2011 que se reservaba unha partida orzamentaria que aseguraba a RPT de PAS laboral e a execución da Transitoria Segunda do Convenio Colectivo. Neste sentido mentiron ao Comité de Empresa cando se lle dixo que se reservaba o 5% do orzamento do PAS para esa finalidade. Onde vai todo ese diñeiro?.
 
A RPT vixente é de 2005, a Universidade incumpre o Convenio Colectivo e os Estatutos de xeito sistemático.
 
A RPT, unha obriga institucional, é a columna vertebral que asegura:

 

  • A existencia do persoal necesario para a correcta realización dos servizos encomendados ao noso colectivo, a súa redución na práctica (os efectivos son os mesmos que no ano 2005) precariza aínda máis ó colectivo e fai que permanezan ó lado dos traballadores laborais da institución, con salarios medianamente dignos e con dereitos, un gran número de colectivos e traballadores que facendo funcións propias do PAS laboral non teñen nin o mesmo salario nin os mesmos dereitos (ETT, contratados con cargo ao capítulo VI, convenios con outras administracións, bolseiros, privatizacións mediante a externalización…) todo isto multiplicouse nestes últimos anos, cun goberno teoricamente progresista.
  • As promocións do persoal, tanto as derivadas da creación de novas prazas como das xa acordadas e contempladas no propio Convenio Colectivo. Sen a RPT non será posible a execución da Transitoria Segunda do Convenio. Aquí tamén nos atopamos co factor discriminador, mentres que os outros colectivos que nos rodean progresan axeitadamente ( do cal nos congratulamos) o PAS laboral está agardando desde o ano 2005.
  • A profesionalización da xestión só se pode abordar desde unha RPT que a contemple.

 

Cando se nos transmita a RPT para ser informada faremos outra asemblea para realizar a análise pertinente e, no seu caso, tomar as medidas a que houber lugar.
 
CURSOS DE FORMACIÓN.
 
O compromiso acadado coa Xerencia é que haberá cursos de formación para todas as categorías profesionais.
 
O Comité de Empresa solicitou o apoio e colaboración do colectivo para a programación e execución da fase formativa correspondente unha vez que se puxo de manifesto o retraso, improcedente, na convocatoria do curso de formación para as prazas de Técnico de grado medio en normalización lingüística.
 
CONVOCATORIAS.
 
Concordamos, no Comité de Empresa, na necesidade de apremiar as convocatorias que quedan por publicar, parécenos que a súa convocatoria é un elemento que dá máis seguridade na execución e a súa consolidación definitiva.
 
FUNCIONARIZACIÓN.
 
O Comité de Empresa, tamén amosou a súa disposición a proceder á constitución do corpo único mediante este procedemento, sempre e cando non se conculquen dereitos económicos do colectivo.

 

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript