12/09/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
O Estado español, á cabeza de Europa en recortes sociais
A comisaria de Educación da Unión Europea, Androulla Vassiliou, instou os Estados membros o pasado abril a non aplicar recortes en educación. "Investir en educación é un bo investimento para [fomentar] o emprego e o crecemento económico. A longo prazo, iso reporta beneficios, advertiu a comisaria na presentación do último informe da Comisión Europea sobre a materia.
Cinco meses despois da mensaxe lanzada por
Vassiliou, a maioría dos grandes países europeos
mostráronse partidarios de respectar os presupostos
en educación. A decisión máis polémica a este
respecto foi a liberalización o ano pasado das
taxas universitarias en Reino Unido, que supuxo un
incremento de 6.100 euros nos prezos das
matrículas. No maior axuste de gasto deste país
dende a Segunda Guerra Mundial, a liberalización
das taxas disparou o prezo da matrícula
universitaria dende a cifra dos 4.200 euros por
curso aos 10.300. Non obstante, Cameron anunciou a
súa aposta por manter o presuposto da educación
primaria e secundaria.
Alemaña, primeiro país da zona euro en presentar un
plan de axuste, anunciou en 2010 unha redución do
gasto en 80.000 millóns de euros ata o ano 2014
cunha redución de 10.000 funcionarios e unha
baixada de soldo do 2,5% ao resto de empregados
públicos. Non obstante, o Executivo alemán
incrementou en 12.000 millóns de euros as partidas
destinadas á educación e a investigación.
De momento, a Italia de Berlusconi non tocou o
presuposto educativo. No seu plan de axuste, o
Executivo previu a redución do gasto público en
45.000 millóns ata 2014. Non obstante, o aforro non
afectou á sanidade, nin á educación, a
investigación ou a cultura.
O pasado mércores, o ministro de Economía
portugués, Vitor Gaspar, anunciou un recorte "sen
precedentes" do gasto público consistente nunha
redución que vai dende o 45,4% do PIB actual ao
41,5% de
Irlanda, como Reino Unido, sobrecargou as taxas
universitarias dende 500 euros ata os 2.000,
mentres que reduciu en 3.000 millóns as prestacións
sociais. En Grecia o plan de axuste imposto pola UE
inclúe importantes reducións en sanidade e
educación e a supresión de 150.000 funcionarios.
Os recortes na educación pública son máis que
evidentes, pero non así no ensino privada e
concertado. A esta ultima, mímaselle e protexe
dotándoa de medios e recursos dabondo para
desenvolver a súa función. En canto á privada,
outórganselle beneficios fiscais inmensos, que
mingúan os ingresos do estado. Ingresos que o
estado pretende compensar recortando na educación
pública. Madrid, Galicia… son a proba clara deste
tipo de políticas e a Espe, Feijoo… son os seus
maiores impulsores.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript