12/09/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Case 400.000 parados máis sen prestación nun ano no estado
O mal dato do paro adiantado no PASquín número 99 ten unha lectura moito máis dolorosa. Aínda que o desemprego a nivel estatal aumentou no último mes en 51.185 persoas, iso non se traduce necesariamente nun aumento da cifra de desempregados que reciben prestacións por desemprego. Ao contrario, os parados que xa non reciben ningunha prestación son cada vez máis
En xullo deste ano, o ratio de cobertura de axudas foi dun 71,44% do total dos máis de 4 millóns de parados. Isto significa que no estado hai máis de 1,32 millóns de persoas que non reciben subsidios por desemprego. En comparación co mesmo mes do ano anterior, o dato antóllase dramático. En doce meses a cifra de parados sen prestacións aumentou un 7,3%, que se traduce en 388.161 parados máis e supón un 10,5% menos de ratio de cobertura que en xullo de 2010, cando se situaba no 79,81% do total. No que vai deste ano 171.164 persoas quedaron sen ningún tipo de axuda pública por desemprego.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript