12/09/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
O Estado inxectará o capital que necesita a caixa
Mentres que se recorta sen pudor nos servizos públicos para a banca non falta a liquidez, o FROB empregará 2.465 millóns de euros na conversión de Novacaixagalicia en banco privado.
O Fondo de Reestructuración Ordenada Bancaria
(FROB) inxectará antes do fin de setembro 2.465
millóns de euros -a cantidade definitiva tras o
desconto dos desinvestimentos- no banco de
Novacaixagalicia.
É o capital necesario para que a entidade alcance
un capital principal superior ao 10%, á espera de
que os investidores institucionais e empresarios
galegos recrutados polo futuro presidente de NCG
Banco, José María Castellano, pechen as súas
negociacións co empresario para desembolsar os ata
700 millóns de euros previstos a primavera pasada.
Con esta solución, o fondo de rescate bancario
converterase, con máis dun 80% do capital, no
accionista maioritario da entidade que a caixa
galega prevé constituír a semana que vén, aínda que
de forma temporal. Así o explicou onte o director
xeral de Novacaixagalicia, José Luis Pego, ao
consello de administración da entidade, durante a
súa última reunión antes da segregación do negocio
financeiro a un banco.
Opinión
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript