12/09/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Callón: "Para o PP valen máis tres familias catalás que as galegas"
O presidente da Mesa pola Normalización Lingüística denuncia que un 40% solicitou ensino en galego en educación infantil "máis este só se impartiu nun 10% das aulas"
O presidente da Mesa pola Normalización
Lingüística, Carlos Callón, denuncia que para o PP
"tres familias concretas de Cataluña valen más que
ese 30% das familias galegas que non tiveron
garantido ensino en galego" durante o pasado curso
escolar. Así, explica que ata un 40% solicitaron
ensino en galego en educación infantil "máis este
só se impartiu nun 10% das aulas". Por iso,
considera "extremadamente cínico" ao Partido
Popular pola súa "defensa farisaica do dereito a
escoller a lingua", xa que nada máis lle interesa
"o dereito a escoller lingua no ensino se se
escolle en castelán".
Ao fío do debate suscitado polo último ditame do
Tribunal Superio de Justícia de Catalunya sobre o
ensino en catalán, A Mesa advirte de que "comparar
ambas as dúas realidades é como comparar o día e a
noite". Neste sentido, lembra que "a media de
presencia do galego no último curso escolar en
todas as etapas non universitarias, rondou o 20% do
horario". Ademais, asegura que "até o momento, en
ningún outro lugar do Estado con lingua propia
oficial se dá unha situación de tal precariedade".
A todo isto, A Mesa suma a eliminación da rede de
escolas infantís en galego, as Galescolas, co que
"a situación máis grave de precariedade da lingua
propia se dá na educación infantil", así como nos
conservatorios, "onde é estraño que chege ao 1% o
uso do galego", e nos ciclos formativos, debido á
"prohibición da docencia en galego nas materias
científico-técnicas".
Para Callón, "está exclusión do galego é unha
irregularidade e unha vergoña democrática de
primeiro nivel" da que culpa ao PP, o partido que
goberna en Galicia, e ao seu presidente Alberto
Núñez Feijóo, que "non cumpre ningunha das tres
cuestións básicas do modelo educativo" que defende
A Mesa, como é que garanta as competencias
lingüísticas, que conte cun apoio social sólido e
que teña o galego como centro de gravitación.
Xornal
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript