setembro de 2011
 
 

12/09/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Máis de 95.000 galegos migraron durante o pasado ano desde o seu lugar de residencia

Os datos difundidos polo Instituto Galego de Estatística (IGE) poñen en evidencia que os fluxos migratorios medraron respecto do ano 2009. Nese exercicio foron 91.751 os galegos que cambiaron de lugar de residencia, en migracións internas e externas.

 

  • Noticias relacionadas

 

Nese exercicio foron 91.751 os galegos que cambiaron de lugar de residencia, en migracións internas e externas. En 2010 este saldo medrou ata os 95.388 galegos. A meirande parte destas persoas cambiaron de domicilio a outras población dentro de Galicia (66.546), mentres que outras 28.842 marcharon ben para outras comunidades autónomas, ben para o estranxeiro. Delas, 11.478 o fixeron desde algunha localidade da provincia de A Coruña. De Pontevedra emigraron 9.227 galegos, polos 4.533 de Ourense e os 3.604 de Lugo.
 
Case 20.000 persoas residentes en Galicia marchar a outras comunidades, polas 9.170 que foro nao estranxeiro. O fluxo migratorio ao exterior de España baixou en 2010 respecto do ano anterior. En 2009 foron 9.375 os galegos que buscaron residencia noutro país. Si aumentou, por contra, a migración a outros lugares do Estado español.

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript