12/09/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
O movemento 15-M convoca unha manifestación na Coruña o día 17
A manifestación do próximo sábado 17 está convocada para as 19.00 horas, dende a praza de Ourense ata a de María Pita
A Rede de Asembleas de Barrios e Vilas da
Coruña, constituída dentro do movemento 15-M,
convocou para o próximo 17 de setembro unha
manifestación na Coruña para reclamar un referendo
sobre a reforma da Constitución e "o dereito da
cidadanía a decidir", segundo informaron os seus
representantes coincidindo coa presentación das
actividades previstas pola organización.
A manifestación está convocada para as 19.00 horas,
dende a praza de Ourense ata a de María Pita,
segundo Alfredo Losada, membro da Asemblea de
Barrios, quen cualificou de "quebra constitucional"
o acordo político sobre a reforma da Constitución e
reivindicou o dereito dos cidadáns "a opinar".
Por outra parte, subliñou que o movemento do 15-M
"non parou", en referencia ás asembleas que se
celebran periodicamente nos barrios e nos
municipios da bisbarra e as charlas sobre temas de
actualidade, como as protestas do profesorado.
Así, avanzou a intención da Asemblea de Barrios de
celebrar novos charlas "sobre os recortes en
educación en menoscabo dos dereitos do alumnado".
Opinión
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript