setembro de 2011
 
 

12/09/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

300 Facultades ocupadas en toda Grecia

7 de setembro: estudantes de 300 facultades en toda Grecia votaron en asembleas estudantís pola ocupación da súa Universidade.

 

  • Noticias relacionadas

 

Case a metade destas universidades celebraron unha asemblea, o luns 7 de setembro, renovando a decisión das asembleas por ocupacións a semana pasada e as mobilizacións durante os últimos días de agosto. Os estudantes estanse a opoñer á Lei de Educación Superior, de carácter totalitario e neoliberal, votada hai uns días por deputados do partido gobernante Pasok, do partido dereitista Nueva Democracia, e do partido ultradereitista Laos. Esta lei elimina o asilo universitario, remata coa educación gratuíta e converte as universidades en departamentos das empresas. Máis sobre esta lei poden ler aquí.
 
Mentres tanto, o 5 de setembro, na cidade de Récimno, en Creta, uns policías secretos chegaron ata a porta da universidade local, esixindo entrar no recinto universitario para "descubrir si se realizaban ocupacións polos estudantes e informar os seus xefes". Dende logo, non nomearon estes xefes seus cando se lles pediu facelo por parte dos gardas do recinto, os que ao final non os deixaron entrar na cidade universitaria. Trátase obviamente dunha chularía e unha tentativa de intimidar á xente nova, rebelada contra o réxime, posto que as decisións das asembleas estudantís e as ocupacións son publicadas, xusto despois da celebración das asembleas. Tanto eles coma os seus amos teñen que recibir a resposta que os merece.

 A loita da xuventude grega por dignidade e liberdade, contra o totalitarismo, o fascismo e a tremenda ofensiva de Estado e Capital, é un asunto que concirne a cada persoa libre neste mundo. Mostremos a nosa solidariedade de calquera modo que sexa posible facelo.

 

 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript