setembro de 2011
 
 

12/09/2011

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE
 

Consolídase o golpe neoliberal. Que non sexa sen resposta

Cada día parece máis claro que pola vían institucional a esixencia da consulta popular non vai prosperar. É imprescindible, polo tanto, dar a resposta que esta agresión merece por outras vías.

 

  • Noticias relacionadas

 

En teoría na constitución, o estado español, constitúese como un estado social, isto, en última instancia establece o camiño cara o estado do benestar, moi lonxe do que resultará do cambio constitucional aprobado.
 
A partir de agora primarán os intereses económicos e a devolución da débeda cos seus correspondentes xuros sobre o estado social que, insistimos en teoría, contemplaba o texto constitucional.
 
É unha decisión política que consagrará a precariedade permanente, non esquezamos que, a partir de agora, para superar o teito orzamentario que se establece haberá que modificar, de novo, a Constitución, algo que só parece ser fácil cando se beneficia directamente aos mercados (ao capital).
 
Unha agresión desta magnitude, xunto coas que xa establecía a constitución cociñada en 1978 non pode pasar sen a resposta necesaria e urxente. Temos que demostrar que, seguimos sen aceptar a agresión contra os dereitos nacionais de Galicia, que non aceptamos o modelo de estado monárquico que se nos preparou desde o franquismo (non podemos esquecer a frase de Franco  cando dixo que o deixaba “todo atado e ben atado”), queremos unha constitución que consagre e vele polos dereitos políticos económicos e sociais da cidadanía.
 
Correspóndenos como clase obreira implicarnos nesta loita e dar un paso adiante sendo a punta de lanza na loita por un cambio radical na constitución.
 

CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript