12/09/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Díaz Ferrán será xulgado por fraude no caso Aerolíneas
A Audiencia observa un delito contra a Facenda Pública na adquisición da compañía aérea valorado en 100 millóns de euros. Na CEOE dábanos leccións de economía aos traballadores...
O expresidente da patronal CEOE, Gerardo Díaz
Ferrán, só será xulgado por fraude fiscal no caso
que leva a Audiencia Nacional sobre a privatización
e venda de Aeroliñas Arxentinas en 2001 ao grupo
turístico controlado polo empresario xunto ao seu
socio, Conzalo Pascual, e Antonio Mata. Na fase
previa de instrución, o tribunal observa un delito
contra a Facenda Pública valorado en 100 millóns de
euros. Pola contra, arquiva o resto de cargos
presentados contra os acusados.
Durante a privatización da compañía área arxentina,
a Sociedade Estatal de Participacións Industriais
(SEPI) vendeu por un euro o 92% da empresa a Air
Comet, a aeroliña ligada accionarialmente ao
extinto grupo Marsans e que era propiedade de Díaz
Ferrán, Pascual e Mata. Para facilitar a operación,
a entidade pública realizou unha achega de 300
millóns de euros para amortizar parte da débeda de
Aeroliñas Arxentinas, que ascendía a un total de
1.200 millóns, que segundo o xuíz é o capital que
os denunciados non regularizaron con Facenda.
A denuncia contra Antonio Mata, Gonzalo Pascual,
antigo presidente de Spanair, e Díaz Ferrán, quen
tivo que abandonar a presidencia da CEOE tras a
grave crise que acabou coa súa armazón empresarial,
foi interposta por Roberto Pérez Badiola.
Para que un acusado de fraude vaia ao cárcere ten
que existir un delito continuado contra a Facenda
Pública pero non se prevé prisión en caso de que se
trate dunha soa operación, como acontece neste
caso, independientemte da cantidade defraudada.
Sobre Díaz Ferrán e Gonzalo Pascual pesa un embargo
de 424 millóns pola quebra de Marsans, xa que
segundo defendeu entón o xuíz que leva o caso hai
indicios de que se lles declare culpables do
concurso e tamén "evidencia" de que non haberá
recursos para pagar os acredores do grupo
turístico. Ademais, o propio Díaz Ferrán está en
quebra persoal e non goza da administración dos
seus bens por decisión do Xulgado do Mercantil
número 5 de Madrid.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript