12/09/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
A CEOE considera "fantástica" a reforma constitucional e esixe máis impostos indirectos e máis reformas laborais
Satisfeitos coa política do PPSOE queren máis, agora que a perspectiva próxima é un novo goberno do capital renovado. Juan Rosell, cre que é comprensible que agora non se baixen os impostos, e que mesmo se incremente de forma "selectiva" algún deles.
Juan Rosell, presidente da patronal, aplaudiu
a reforma constitucional, ao tempo que cualifica de
"drámatica" a situación do crédito en España, cre
que os funcionarios deberían perder certos
privilexios e pensa que os políticos deberían gañar
moito máis.
O presidente da CEOE, Juan Rosell, cre que é
comprensible que agora non se baixen os impostos, e
que mesmo se incremente de forma "selectiva"
algún deles, non só o IRPF, xa que aínda hai
marxe para facelo co IVE, co imposto de
sociedades ou cos especiais (alcohol e gasolina).
Nunha entrevista concedida ao xornal ABC,
Rosell considera, non obstante, que os impostos
levados a certos extremos "asfixían" á economía
xa que "unha cousa é a presión fiscal e outra o
esforzo fiscal" e recorda que o imposto de
patrimonio era arcaico e non tiña razón de ser.
O presidente da CEOE tamén se referiu ao pacto
alcanzado entre o Goberno e o PP para reformar a
Constitución e limitar así o déficit público, e
cualificouno como "fantástico", a pesar de que
recoñece que lle tivese gustado "moito máis" se non
tivesen sido só os dous grandes partidos os que
tivesen chegado a ese acordo.
Ademais, sinalou que España necesita, a medio e
longo prazo, que a maioría dos partidos empecen a
pactar acordos de forma conxunta e que aínda
quedan moitas reformas estruturais por facer
porque a situación económica que viviu España nos
últimos anos "non vai volver" e porque aínda quedan
anos de crise "importante".
Con respecto á negociación colectiva, Rosell
considera que se debe volver abrir pero non en
"canle" e para cambiala "radicalmente" e subliñou
que o emprego futuro non virá das grandes empresas
nin das grandes corporacións, senón do pequeno
empresario.
Por outro lado, Rosell asegurou que os
funcionarios teñen que ser cada vez máis
parecidos aos traballadores do sector privado en
todos os aspectos, por exemplo no se refire ás
pensións, a sanidade ou os horarios, e engadiu que
os políticos españois deberían gañar dous ou
tres veces máis.
Así mesmo, o presidente da patronal de empresarios
subliñou que as reformas formuladas polo Executivo
foron insuficientes, sobre todo no que se refire á
reforma laboral e agregou que non está "pola idea
de conter os beneficios empresariais", ao tempo que
cualificou de "dramática" a situación de crédito
en España, e no resto dos países europeos.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript