12/09/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Asembleas de PAS laboral
Despois das vacacións institucionais é preciso retomar a actividade. Temos que darlle un repaso a situación colectiva, máxime cando no horizonte máis próximo está a elección dun novo Reitor.
A piques de rematar o segundo mandato do sr. Barja o balance, en moitos
aspectos, non pode ser máis penoso.
RPT:
En 8 anos só unha RPT. Nestes período de tempo
houbo épocas de bonanza económica onde se puideron
executar modificacións que aproximasen as
necesidades reais de persoal á Oferta de Emprego
Pública.
No canto de proceder deste xeito optouse por
camiños ben diferentes, externalizacións,
incremento das ETT, convenios con outras
administracións, utilización de bolseiros para a
realización de traballos estruturais…. En
definitiva déronse pasos que precarizaron aínda
máis a situación herdada.
Hoxe, aprovéitase a situación de crise e a escusa
do Plan de Sustentabilidade acordado coa Xunta para
intentar limitar as aspiracións do colectivo. Non
nos cola, o orzamento de 2010 prorrogouse neste
2011. No orzamento de 2010 estaba prevista a
negociación dunha nova RPT e a aplicación da
Transitoria II do Convenio. Onde foron a parar os
cartos destinados a tal efecto?.
Por outro lado o
Plan de Sustentabilidade (un decálogo de boas
intencións polo que a Universidade se dota dun
incremento adicional de arredor de 5 millóns de
euros) non limita directamente a posibilidade dun
incremento razoable da Relación de Postos de
Traballo que evolucionarán segundo as
“necesidades”.
Temos que insistir, tamén, noutro aspecto, a
eliminación das ETT da Universidade só require dun
cambio do diñeiro do Capítulo II ao Capítulo I do
orzamento, os cartos xa están a disposición da
Universidade.
A escusa á que se remite de xeito pertinaz a
Universidade ten, ademais, un elemento
discriminador. Esquecen, cando fan referencia a ese
límite, que para algún outro colectivo da UDC non
lle foi de aplicación.
Polo camiño queda espalladas as súas promesas
electorais (profesionalización da xestión…).
TRANSITORIA II.
O feito de que, en todo este tempo, non se
plasmasen, de xeito intencionado, novas RPT ten un
efecto en cadea. É preceptiva unha adaptación da
Relación de Postos de Traballo ao establecido nesa
cláusula do Convenio Colectivo, mentres que isto
non suceda a Transitoria non vías de execución.
Levamos un ano mobilizándonos para que conseguir
solucionar este punto sen éxito, a Universidade
está xorda ás nosas reivindicacións, deixa pasar o
tempo agardando que podrezan as nosas reclamacións.
Propostas feitas desde o Comité e consistentes en
ir preparando os procesos de promoción para que,
cando se aprobe a RPT, realizar as promocións
inmediatamente caeron, tamén en saco roto.
Dentro deste punto, e sempre escudándose na
situación económica e na falta de acordo ao ser
rexeitada en asemblea, en xullo do ano pasado, a
proposta de RPT a Universidade quere recuperar a
“interpretación” restritiva da Transitoria,
consistente en entender que a promoción só afecta
ás conserxerías quedando sen a promoción debida
tanto o vixiante, socorristas, os especialistas de
oficios e correos e condutores. Todo un castigo
por non tragar coas ETT, non renunciar á
profesionalización e non aceptar un incremento
raquítico da RPT.
OPOSICIÓNS E CURSOS DE FORMACIÓN:
A deixadez e marxinación do colectivo de PAS
Laboral concrétase, tamén, en que a Oferta de
Emprego do ano 2005 aínda non está executada na
súa totalidade.
Foi e segue a ser prioritario para nós rematar coa
interinidade que nun elevadísimo grado (foi de máis
da metade do PAS laboral) mina o colectivo estamos
comprometidos, coa solución desta situación.
Reclamamos da universidade, en múltiples ocasións,
sen moito éxito, a axilidade necesaria para dar
saída ás convocatorias e para a corrección das que
teñen, ao noso entender, claras deficiencias na
convocatoria (nalgunha categoría, temos que
recoñecer que a culpa da non publicación de
convocatoria non recae na Xerencia, sendo
atribuíble á que non transmitimos, aínda, o temario
alternativo para a súa valoración por parte da
Universidade).
Ao respecto dos cursos de formación dicir que o
compromiso da súa execución segue firme e que só
non se farán no suposto de que o persoal afectado
decline a súa realización.
ACUDE AS ASEMBLEAS:
DÍA 13 NA FACULTADE DE HUMANIDADES ÁS 11 HORAS
DÍA 14 ÁS 18 HORAS NA ESCOLA SUPERIOR DE NÁUTICA E
MÁQUINAS.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript