12/09/2011
CUTUDC / Novidades
ACTUALIDADE
Catro de cada dez galegos son analfabetos ou só terminaron Primaria
Galicia presenta a porcentaxe de analfabetismo máis alta de todo o estado e dez puntos por enriba da media estatal.
Galicia é a comunidade na que menos adultos
deciden retomar os seus estudos malia tratarse da
autonomía coa poboación menos formada de todo o
Estado xa que catro de cada dez galegos son
analfabetos ou só remataron o equivalente a
Educación Primaria -a porcentaxe máis alta de todo
o país e dez puntos por enriba da media estatal -,
segundo a Enquisa de condicións de vida 2009, do
Instituto Nacional de Estatística (INE). Tras ela,
Castela La Mancha, Castela e León ou Andalucía son
as comunidades na que menos cidadáns superaron
Primaria, cun 36, 36,6 e 34,6%, respectivamente. No
lado contrario, Cantabria (só un 15%) e o País
Vasco (17,8%).
A situación dá un xiro se se analizan os datos de
adultos que contan co primeiro ciclo de Secundaria
-1 º e 2º curso, o equivalente ao antigo sétimo e
oitavo de EGB- rematado. Nesta situación encóntrase
o 19,9% da poboación galega, o que sitúa a Galicia
como a terceira con menor número de cidadáns que
conta con esta formación académica e cinco puntos
por debaixo da media estatal. No caso da segunda
etapa de Secundaria a porcentaxe baixa o 18,2% e a
comunidade sitúase en sexto lugar pola cola.
O informe do INE tamén analiza o número de adultos
que contan cun título universitario ou dun ciclo
superior de FP no seu particular curriculum
profesional. Nesta situación encóntranse un de cada
catro galegos adultos (o 22%), dous puntos por
debaixo da media estatal (24%), o que sitúa a
comunidade galega como a sétima con maior
porcentaxe de poboación que cursou estes estudos.
País Vasco é a autonomía con maior taxa de
licenciados (o 39% da poboación conta con estes
estudos) e Murcia a que menos (16%).
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript