12/11/2009
CUTUDC / Novidades
Ate fai poucos anos a UDC era das poucas Universidades do
Estado que carecía dun Plan de formación para os seus
traballadores.
O 27 de setembro de 2007 pactouse entre, os daquela
representantes dos traballadores/as, e a Institución o Plano
de Formación Integral do PAS para o trienio 2007-2009 que
está a piques de rematar.
O Plan de
Formación existente ate o momento, segundo o noso sindicato,
non cumpriu cos obxectivos marcados, é discriminatorio
(dificulta en gran medida, cando non impide a formación do
PAS interino) e o seu funcionamento amosouse, no pouco tempo
que formamos parte da representación dos traballadores, como
anárquico.
Precisamos, polo tanto, unha modificación estrutural e un
cambio radical para que realmente cumpra coa función para a
que foi elaborado.
Entendemos que é imprescindible un acordo coa Escola Galega
de Administración Pública para a realización dos cursos que,
de xeito concertado, se poidan derivar a esa institución
liberando, dese xeito,
parte do orzamento que se dedicará á formación que
non se poida facer máis que desde a propia Universidade.
A Universidade ten que aproveitar o seu potencial de
formación (é unha institución dedicada a esa finalidade),
optimizar ese potencial formador e destinar, cando menos
parte dos recursos humanos e materiais á formación
permanente do seu persoal.
Temos que aproveitar os medios telemáticos para mellorar o
proceso de aprendizaxe. Consideramos que, a día de hoxe,
cunha correcta utilización destas novas tecnoloxías (por
exemplo, coa simple utilización da videoconferencia…,
facilitaríamos a realización de cursos ao unísono nos campus
de Coruña e Ferrol).
OBXECTIVOS
Os obxectivos do Plan
son os seguintes:
Xerais:
Realizar con calidade e eficiencia o traballo encomendado.
Facilitar a adaptación aos novos e cambiantes ámbitos
tecnolóxicos.
Incrementar a motivación do persoal de administración e
servizos.
Mellorar a calidade do servizo público.
Coñecer e dominar a normativa de aplicación no desempeño do
seu posto de traballo.
A aplicación práctica dos coñecementos adquiridos e
perfeccionados.
Específicos:
Introducir pautas que melloren a actuación diaria do persoal
nas súas relacións cos membros da comunidade universitaria e
público en xeral.
Transmitir aos participantes coñecementos novos relativos ás
técnicas modernas da xestión eficaz e da xestión de calidade
nos servizos públicos.
Impartir técnicas concretas e coñecementos teóricos e
prácticos que permitan unha permanente actualización nas
unidades definidas.
Familiarizar ao persoal cos principios de organización, o seu
desenvolvemento e a súa problemática. Adquirir os
coñecementos e técnicas necesarios para poder reorganizar
con eficacia unidades administrativas de traballo,
simplificando tarefas, acurtando tempo e mellorando a
calidade dos servizos.
Obter os coñecementos necesarios para permitir ao persoal
a estabilidade laboral e a promoción profesional a outros
postos de traballo e categorías profesionais no seo da
organización.
REGULAMENTO DOS CURSOS
Porén, a criterio da Comisión de Formación, o Plan de
Formación poderá conter accións formativas concretas,
dirixidas a colectivos ou traballadores determinados para os
cales a asistencia será obrigatoria.
Clases de Cursos:
Os cursos clasificaranse nas seguintes modalidades:
a)
Formación relacionada co posto de
traballo.
Trátase daquelas actividades de carácter formativo
relacionadas co desempeño do posto de traballo. A súa
función é de adecuación e actualización permanente aos
requirimentos das funcións dos postos de traballo e da
mellora do servizo.
b)
Formación especializada no posto de traballo.
Para aquelas persoas que ocupan postos moi específicos e que
require, polo tanto, formación altamente especializada que
haberá que proporcionar ben sexa de xeito interno ou
facilitando o acceso deste persoal á formación externa máis
conveniente, esta modalidade de formación externa usarase
cando a materia revista unha grande especificidade, o número
de potenciais participantes sexa tan reducido que non se
xustifique a realización na
UDC ou a
calidade do curso externo aconselle a asistencia do persoal
desta Universidade.
c)
Formación para favorecer a
consolidación e a promoción dos traballadores. É a formación destinada a facilitar a consolidación no
posto e a promoción profesional do persoal de administración
e servizos, aos diferentes postos de traballo de nova
creación ou vacantes dentro da Universidade. Esta formación
levarase a termo mediante cursos destinados á obtención dos
coñecementos necesarios para postos de traballos
determinados, iguais, no caso da consolidación, ou distintos
ao que ocupa o traballador e/ou preparatorios para
convocatorias de promoción interna.
d)
Formación para o desenvolvemento persoal.
Trátase de actividades formativas destinada á mellora do
nivel de coñecementos persoais, non sendo necesario que os
cursos que se realicen, teña relación co posto de traballo.
e)
Outros:
Continuar coa política
de dar a transcendencia e importancia que merece ao
aprendizaxe do galego.
A
institución debe convocar cursos que, de xeito progresivo
cheguen desde o título elemental (CELGA 3 ate o de máximo
nivel)
Ofertar a posibilidade de estudo dun novo idioma, dándolle a
posibilidade, de xeito gratuíto, a todo o PAS interesado en
realizar
estudos no
ensino de lingua estranxeira, a través do Centro de Linguas.
O horario, duración e demais características dos curso
estableceranse nas convocatorias ou no regulamento do Centro
de Linguas.
En todo caso asegurarase a convocatoria de cursos en xornada
de mañá, para traballadores da quenda de tarde, e en xornada
de tarde, para traballadores da quenda de mañá.
De
aparecer, durante a vixencia dun
plan de formación, a posibilidade de que se poida
convocar un curso extraordinario que poida interesar a un
área ou ao colectivo en xeral, reunirase a Comisión de
Formación que o fará público e xustificará, habilitará os
medios necesarios para que os interesados poidan presentar
solicitudes establecendo os prazos e demais requisitos que a
Comisión considere oportuno.
Tal e como se desprende da tipoloxía dos
cursos entendemos que, anual ou semestralmente, debería establecerse un
plano de formación que asegurase polo menos:
Aquí temos que estudar a idoneidade de que toda a formación
que non pase pola Comisión de Formación non
sexa aceptado á hora das oposicións.
SEGUIMENTO E MEDICIÓN
O Plan de Formación do
PAS
incluirá mecanismos de medición da satisfacción
coa formación recibida e indicadores sobre o
grao de execución deste.
Anualmente solicítase dos Centros, Departamentos e Servizos,
así como dos representantes dos traballadores,
un informe valorativo do grao no que o Plan de
Formación cubriu as necesidades formativas
detectadas inicialmente.
Estes informes, conxuntamente cos datos estatísticos e
indicadores, son a base do informe anual que
elaborará a Comisión de Formación e no que se
incluirán as propostas de mellora para o novo
Plan.
FASE DE
DESENVOLVEMENTO
A Comisión de Formación, para a elaboración do
plan semestral ou anual de formación do PAS, terá en conta
as peticións formuladas polos/as traballadores/as,
e polos xefes ou directores dos servizos.
No mes de setembro, (no caso de ser
convocatorias anuais), e setembro e marzo, (no
caso de ser convocatorias semestrais), remitirá
un cuestionario aos xefes ou directores de
servizos para os que será obrigatorio dar
resposta.
Para coñecer de primeira man esas necesidades
remitirá, no mes de setembro, (no caso de ser
convocatorias anuais), e setembro e marzo, (no
caso de ser convocatorias semestrais), un
cuestionario no que os traballadores/as que así
o desexen establezan as que, ao seu parecer, son
as necesidades que observar na súa área ou
servizo.
A Comisión unha vez analizados deberá, de non
proceder á realización da formación solicitada,
dar resposta razoada, na páxina web da
comisión, dos motivos polos que non vai
incorporar o curso solicitado no
plano de formación anual (semestral).
CONVOCATORIAS E SOLICITUDES
Cunha antelación mínima dun mes, a Comisión de
Formación difundirá a programación anual (ou
semestral). A Xerencia, (ou a propia
Comisión de Formación na súa páxina web) de
publicar polo menos convocatorias anuais (ou
semestrais),
encargarase da oferta de cursos, de tal forma
que o persoal saiba de antemán os cursos que se
van celebrar á vez que se garanta así a súa
máxima difusión e publicidade.
Esta información distribuirase por Centros e
Dependencias e, ademais, publicarase na páxina
web, creada ao efecto, da Comisión de Formación.
Como norma xeneral os cursos das modalidades a), c), d) e
e), convocaranse na Coruña e Ferrol. De non acadarse un
número mínimo de 10 participantes nalgunha das localidades
realizarase simultaneamente mediante videoconferencia na
localidade onde non se consiga ese número.
Na programación anual (ou semestral) indicarase a máxima
información respecto aos cursos: título de cada curso,
número de posibles asistentes, área á que pertence, número
de horas, obxectivos específicos do curso, requisitos dos
destinatarios, criterios de selección, contido do curso,
profesorado que o imparte, prazo de finalización de
presentación de solicitudes, datas de
realización, distribución
horaria, lugar no que se realiza
e tipo de certificación que se expedirá.
De
aparecer, durante a vixencia dun
plan de formación, a posibilidade de que se poida
convocar un curso extraordinario que poida interesar a un
área ou ao colectivo en xeral, reunirase a Comisión de
Formación que o fará público e xustificará, habilitará os
medios necesarios para que os interesados poidan presentar
solicitudes establecendo os prazos e demais requisitos que a
Comisión considere oportuno.
CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN E CRITERIOS DE SELECCIÓN
O procedemento que terá que seguir a persoa interesada en cursar
calquera actividade formativa das que a institución
universitaria oferta é como segue:
RECLAMACIÓNS:
Unha vez exposta a listaxe provisional dos cursos para o
seguinte semestre (ano), habilitarase un prazo de 10 días
para que os/as traballadores/as excluídos/as presenten
recursos as listaxes presentadas.
Ao cabo dese tempo reunirase, de novo, a comisión para
estudar as reclamacións presentadas e facer definitivas as
listaxes de admitidos/as nos cursos do semestre (ou ano).
Tanto as reclamacións coma a decisión que a comisión tome ao
respecto expoñeranse na páxina web da comisión.
O traballador disconforme coa decisión da comisión poderá
recorrer diante do Reitor que deberá responder a reclamación
presentada, tanto ao interesado/a coma á comisión.
OS HORARIOS ESTABLECERANSE SEGUINDO OS SEGUINTES CRITERIOS:
Cursos de Carácter OBRIGATORIO:
Este tipo de accións formativas son imprescindibles para o
desempeño do posto de traballo.
A realización de cursos que teñan asignados este carácter
para cada categoría profesional realizaranse sempre na
xornada laboral, debendo habilitar a Comisión cursos tanto
en xornada de mañá como de tarde, para facilitar a
asistencia a estes.
Nos supostos de que o traballador realizase o curso de
carácter obrigatorio fóra da súa xornada laboral,
computaranse esas horas como tempo real traballado, e o
traballador poderá gozar da compensación horaria que
corresponda. A Xerencia informará desta circunstancia ao
responsable da unidade onde preste servizos.
Os cursos de galego gozarán desta consideración.
Nos cursos catalogados como de
FORMACIÓN ESPECIALIZADA no posto de traballo, polos seu
carácter específico requirirán a adaptación do traballador
interesado ás cararacterísticas específicas do curso,
debendo, se for necesario, trasladarse ao lugar
onde se imparte esa formación, nese caso tanto ese traslado
como as demais necesidades de aloxamento e manutención
correrán a cargo da Universidade.
Resto dos CURSOS:
Cada traballador gozará de 40 horas laborables ao
ano para o exercicio desta modalidade de formación.
Se a actividade formativa coincide co horario da xornada
laboral será necesario o correspondente informe do superior
xerárquico, que en caso de ser negativo, deberá estar
motivado e indicar un calendario alternativo para poder
realizar o devandito curso.
O traballador non poderá utilizar nunca máis de 40 horas
anuais para este fin.
A Comisión de Formación, para favorecer o acceso do persoal
a este tipo de cursos, habilitará sesións en ambas as dúas
xornadas (mañá e tarde) de forma que todo traballador que
desexe ampliar os seus coñecementos poida acceder a eles.
No caso de que o horario da actividade non coincida coa
xornada laboral terase dereito a compensación consistente
nunha redución da súa xornada nun número de horas igual ás
dedicadas á realización do curso, sempre que en cómputo
anual non superen as 40 horas.
NOTA:
No caso daqueles traballadores aos que o plan deseñado non lles asigne ningún curso obrigatorio, ou só un poderán solicitar que calquera outro curso do plan teña para eles esta consideración. A Comisión de Formación decidirá a este respecto.
OBRIGA DE ASISTENCIA ÁS ACTIVIDADES FORMATIVAS
A formación é un dereito dos/das traballadores/as, sendo a
asistencia, unha vez concedida unha actividade formativa,
unha obriga.
Non obstante poderase renunciar, sen ningún tipo de sanción,
á presenza nun determinado curso ata as 48 horas antes de
iniciarse. O servizo de PAS dirixirase, nese caso, ao
primeiro/a traballador/a da lista de agarda para ofertarlle
a posibilidade de asistir a ese curso. De non aceptar o primeiro da lista dirixirase ao segundo e así sucesivamente
ate rematar a listaxe.
SANCIÓNS
De faltar ao curso sen causa xustificada, (valerán as mesmas que para as ausencias ao traballo excepto ter solicitado días de asuntos particulares posto que ese feito é coñecido polo traballador/a antes das 48 horas previas ao comezo do curso), o traballador/a será sancionado coa imposibilidade de presentarse á seguinte acción formativa en todo o semestre (ou ano) posterior á falta.
Quen somos | Contacto | Axuda
cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript