Número 03 outubro 2009
 
 
    
Desde o mes de xuño o Comité de Empresa, en aplicación da LOE,  ten un representante no Consello de Goberno.

Intentaremos que a información vos chegue de primeira man, os representantes temos que exercer, nen máis nen menos, que esa función.

Hoxe enviámosvos un resumo da sesión.

Na próxima convocatoria enviaremos a orde do día para que poidades axudarnos e  manifestedes o que consideredes pertinente que digamos na reunión.

Convocatoria
Resumo da sesión


http://www.queremosgalego.org/
 
    

A espera para operarse no Hospital da Coruña subiu un 40% desde xuño

O seguinte paso será derivar aos doentes á sanidade privada, ... a privatización!.

Na Universidade da Coruña, nalgún servizo (por exemplo Servizos Informáticos), ségese a mesma táctica, consistente no deterioro gradual do servizo institucional para xustificar a súa externalización.

   
 Todo falso
    
    
   
 Todo falso
    
    
 
    

Orzamentos da Xunta para 2010

O proxecto de orzamentos de Galiza para 2010, presentado pola conselleira de Facenda, Marta Fernández, prevé menos gasto para Educación, Sanidade e promoción do emprego.

Trátase dunhas contas antisociais que merman o capítulo de políticas activas de emprego e prexudican aos traballadores/as.

O orzamento servirá ademáis para abrir a porta á iniciativa privada en servizos básicos coma Sanidade, Educación e Servicios Sociais.

 

No Consello de Goberno do 21/10/2009, o Vicerreitor de Economía informou de como pode afectar á Universidade.

 

Cómo pode afectar á Universidade e como che pode afectar a tí

Máis información

Páxina oficial da consellería

  •   
    

Últimas actuacións do Comité

 

 

A Xerencia, debido á situación coñecida por todos/as (cese do xerente e falta de persoal que cubra esa ausencia), sofre unha seria parálise. Isto para o colectivo de PAS Laboral supón que a situación se convirta en insoportable.
O Comité, nesta última etapa, reclamou diante do Reitor e da propia Xerencia a axilización da tramitación dos asuntos pendentes.

Reclamación a Reitor e Xerencia.

Solicitude de reunión urxente coa Xerencia.

 

O día 19/10/2009 tivemos unha reunión coa Xerencia que vos resumimos

 

Resumo da reunión coa xerencia

  •   
    

Apórtanos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    REFLEXIÓN

O paro existente é culpa exclusiva do goberno central?

Máis de 1.200 galegos/as perderon o seu traballo ate xullo, o 268% máis ca fai un ano.

Os Expedientes de Regulación de Emprego (ERE), o xeito máis habitual de perda do posto de traballo nesta etapa de crise, resólvense en cada comunidade autónoma.

 

Máis información

  •   
    
 Todo falso
    
CUT da UDC sempre do lado das traballadoras/es
Números anteriores
De interés
Congreso
POR UN MUNDO MELLOR