Comunicado 05 de outubro de 2009
 
 

05/10/2009

   CUTUDC / Novidades

  ACTUALIDADE/UNIVERSIDADE

Vense de publicar, como todos/as veredes a través da páxina web e o voso correo electrónico, unha nova convocatoria de contratos programa para o deseño estratéxico e a innovación na UDC

 

 

No funcionamento da Universidade hai unha serie de principios que para o noso sindicato son fundamentais, algún deles son:

 

Racionalidade, transparencia  e equidade na toma de decisións, recoñecemento de interlocutores para a toma de decisións, non discriminación entre os seus traballadores/as. Polo menos estes criterios ráchanse nestas convocatorias.�

Racionalidade, transparencia  e equidade na toma de decisións, abonda con botarlle unha ollada ás concesións do ano 2008 para comprobar incongruencias.

 A Universidade utiliza, para aceptar ou rexeitar un proxecto os epígrafes:

 NON CONCEDIDAS POR:

o S.T.O..- Solápase coas tarefas ordinarias do Servizo

o N.M.S..- Non implica melloras suficientemente significativas na área o nos procesos que xestionan

o N.P.E..- Non vinculado directamente ao Plano estratéxico da UDC

o N.X.S..- Non xestionan directamente as persoas solicitantes

 

CONCEDIDAS POR:

o M.X..- Mellora da Xestión

o S.X.- Simplificación da Xestión

o P.E.. Vinculado directamente ao Plano Estratéxico

 

Pódese dar a circunstancia de que un proxecto sexa presentado por compañeiros/as dun servizo (podendo ser calificado como S.T.O.) Pero, á súa vez  sexa M.X. (etc., deixámolo ao voso maxín)

 Xuntamos copia da resolución do ano 2008 para que vos fagades unha composición de lugar. Contade cantos proxectos se .presentan fóra do servizo de cada compañeiro/a. Aos que nun cumpren a condición anterior, son doutro servizo, e polo tanto non poder xestionar o programa que propoñen, aplícaselles o epígrafe N.X.S..

 

Concluímos, polo tanto, que a meirande parte dos proxectos presentados, poden formar parte das tarefas habituais das persoas que os presentan.

  

Recoñecemento de interlocutores para a toma de decisións, nestas convocatorias chégase a casos traxicómicos.

 Como recordaredes, o ano pasado denunciamos publicamente a concesión dun deses contratos programa que pretendía a elaboración dun manual de funcións para o persoal de conserxaría.

Os/as que rexen a Universidade saben perfectamente que un manual de funcións ten que negociarse cos representantes dos traballadores/as.

 Se este contrato programa se ía aplicar sería nulo de todo dereito, se non se tiña pensado aplicar, para que se concede?

 Usúrpanse, neste caso, as funcións do comité de empresa nese proceso.

En xeral consideramos que as retribucións do PAS negócianse con representantes dos traballadores/as, reflíctense nos acordos asinados entre as partes (convenio, RPT… ). Nesta Universidade a “innovación” escapa a esa negociación podendo converterse nun elemento incontrolable de xénese de discriminación.

 

Non discriminación entre os seus traballadores/as.

 

As accións formativas para o persoal son, materia de negociación cos órganos de representación dos traballadores; isto tampouco sucede cos contratos programa, que tamén prevén formación adicional para os traballadores que “innoven” e deseñen estratexicamente esta universidade.

 Ábrese, neste eido, unha vía de acceso privilexiado a unha formación que non estará ao alcance do resto dos compañeiros/as.

 

Esta é unha universidade pública, que debe dar conta a sociedade que a financia y para a que traballa, dos avances dentro das súas funcións. Pois tampouco sucede cos contratos programa, ou coñecemos publicamente os resultados das accións financiadas en anos anteriores?

 

Innovar e deseñar estratexicamente a UDC é unha función de todos e todas, baixo a supervisión daqueles que gobernan, implica a todos os traballadores dentro de cada servizo, a cada servizo na súa totalidade.

 

O noso sindicato propón a apertura dunha negociación entre o PAS (funcionario e laboral) coa Universidade para acordar un cambio na política de innovación da universidade que implique, como dixemos, a todos os servizos, e que se estabilice unha partida orzamentaria para levar a efecto este proceso.

 

De seguir con este procedemento o único que se consegue é ter contentos a catro.


CUT da UDC . SEMPRE DO LADO DAS TRABALLADORAS E TRABALLADORES

cutudc.com, 2009. Publicado baixo licencia Creative Commons DHTML Menu By Milonic JavaScript