Número 136 - 21 de maio de 2012
 
 
UNIVERSIDADE

    Como feitos salientables do Claustro sinalar que:
     
    A Universidade aceptará baixo certas condicións a xestión privada da Residencia Universitaria.
     
    Mentres que ao PAS laboral se nos indica reiteradamente a falta de diñeiro para acometer a Transitoria II do Convenio, anúnciase que se farán as promocións, cando os docentes acaden as condicións pertinentes, a profesor doutor permanente (o ano pasado esas promocións acadaron o 3% da plantilla de PDI).

UNIVERSIDADE

    Cando no Claustro acabamos de asinar un pronunciamento, por unanimidade, en contra do Real Decreto 14/2012 de medidas urxentes de racionalización do gasto público no ámbito educativo, atopámonos coa convocatoria de folga (o día 22) feita polos sindicatos estatais. O ámbito da convocatoria abarca as tres Universidades Públicas Galegas. Compre, polo tanto, manifestarse ao respecto.

REPRESIÓN SINDICAL

    NH Obradoiro, filial da multinacional da explotación NH HOTELES, dálle unha nova volta de torca ás súas prácticas represivas, presionando a todo o persoal do centro de traballo á sinatura dun documento "refugando" os métodos de acción sindical da CUT na defensa das compañeiras e compañeiros da Sección Sindical represaliados e en concreto, do compañeiro e delegado Leonardo Da Cruz Blanco.

SOS SANIDADE PÚBLICA

    Na Coruña, o día 23 ás 20 horas no Obelisco.
     
    En Ferrol o día 24 ás 19 horas diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia.

EDUCACIÓN - O PP APROBA O DECRETAZO

    O ministro de Educación, José Ignacio Wert, afirma que os recortes "son a resposta excepcional a circunstancias desafortunadas". Esta é a escusa, o certo é que se prepara a privatización de todos os servizos públicos que sexan de interés para os “mercados”.

A CORUÑA, MEDRA A POBREZA

    Das 931 persoas beneficiarias da axuda a domicilio, 18 pediron a suspensión temporal do servizo tras a implantación do copago, catro con ingresos inferiores a 700 euros

MÁIS DE SANIDADE

    A asociación considera que "atentan contra a saúde e a vida" dos cidadáns de Galicia

TIPICAL SPANISH

    O PP rexeita que o pleno do Congreso debata o próximo xoves a creación dunha comisión de investigación que bote luz sobre como se chegou á crise financeira, dilucidando as responsabilidades do Goberno, por unha parte, e dos directivos dos bancos por outra...

CATALUNYA: RECORTES TRAS RECORTES

    Mas escúdase en que toma estas medidas por "obriga" en circunstancias extremas e por "erros dos demais".

PENSAMENTO CRÍTICO - Vicenç Navarro

    Estamos hoxe a ver no Estado español o ataque (e non hai outro xeito de definilo) máis frontal ao benestar das clases populares dende o final da ditadura fascista (si, o termo científico para definir aquela ditadura non é franquismo, senón fascismo) no ano 1978. Aquel final aconteceu mediante unha transición (que non foi modélica) dunha ditadura a unha democracia sumamente limitada e insuficiente, resultado do enorme dominio que as forzas ultra-conservadoras continuaron tendo sobre os aparatos do Estado.

    
  •   
 
 ASEMBLEA SEN PAPEIS - FORO GALEGO DA INMIGRACIÓN
    O Consello de Ministros vén de aprobar unha reforma da Lei de Estranxeiría que endurecerá as condicións de vida das persoas migrantes, un dos colectivos máis vulnerables da sociedade.
 SANIDADE PÚBLICA
    A táctica é demostrar que o público non funciona e así poñer en mans do sector privado os hospitais, os medios terapéuticos e todo o sistema actual para roubarnos.
 INSACIABLES
    Dez meses despois de ampliar a idade de xubilación, os empresarios din que a situación "cambiou radicalmente" e din que a Seguridade Social corre perigo de quebrar
 SANIDADE PÚBLICA
    Critican que se deixa sen tarxeta sanitaria aos inmigrantes mentres Mato asegura que este colectivo terá "máis dereitos" que noutros países
 A AUSTERIDADE PARA OS OUTROS
    Mentres o chanceler alemán se empeña en pedir aos países europeos a máxima austeridade e un duro recorte de gastos, o consello de ministros alemán acordou hoxe unha suba dos soldos para os seus membros e os secretarios de Estado parlamentarios do 5,7% en tres fases e ata agosto de 2013.
 MENOS DEREITOS

    A Generalitat de Catalunya non permitirá este ano, por regra xeral, alongar a vida laboral dos funcionarios ata os 70 anos e obrigará uns 1.000 que xa cumpriron os 65 a que abandonen a Administración, segundo fontes do Executivo catalán.

 ANDALUCÍA TAMÉN SE CEBA NOS TRABALLADORES PÚBLICOS

    O consello de Goberno da Xunta de Andalucía presenta os detalles do recorte de 2.700 millóns que debe acometer para cumprir en 2012 o obxectivo de déficit público do 1,5%, dende o 3,22 co que pechou 2011. O "progreso" do goberno "progresista" xa está aquí.

    LINGUA
    A pesar de que o galego é a 36ª lingua do mundo en que máis se tuitea e a 3ª do Estado español (por detrás do castelán e do catalán, por diante do vasco) vai carecer de versión
    CARTAS QUE RECIBIMOS
    Seguimos a contar coas vosas colaboracións. Agradecemos o interés das vosas aportacións

     

    

Actuacións da Xunta de Persoal

  •   
    

Vindeiras actuacións do Comité

    A reunión prevista para luns 14 retrásase debido á falta de conclusións na reunión da comisión de funcionarización

  •   
    

Achéganos a túa opinión

Escríbenos ao enderezo electrónico:
cutudc@cutudc.com

  •   
    
  •   
Números anteriores
 
De interese
O sindicalismo de clase depende de tí
CALENDARIO LABORAL 2010
CALENDARIO LABORAL 2011
CALENDARIO LABORAL 2012
A LOITA DE AMINETU HAIDAR REPRESENTA A TODO UN POBO. SOLIDARIEDADE CO POBO SAHARAUÍ
 
Sácalles a lingua  
 
CONTRA O PACTO SOCIAL
O XORNAL - información obreira
O IMPERIALISMO NON PASARA!!
NON AS NUCLEARES
8 DE MAIO, CONTRA O SAQUEO DA NOSA TERRA

cutudc.com, 2009. DHTML Menu By Milonic JavaScript