Negociación das convocatorias dos servizos de
conserxería - grupos 4a e 4b - e informáticos - grupos 1, 2 e 3
(17/08/09)
 |
Unha vez acordadas as convocatorias para estes
colectivos, ofrecémosvos a valoración que desde a CUT
facemos de todo o proceso. Para isto fixemos un novo PASquín
que poñemos á vosa disposición na páxina web. |
Ir ao PASquín.

Novas do comité (29/05/09)
 |
O día 27/05/09 reuniuse o Comité de Empresa e a xerencia,
na reunión que se solicitou o 28/04/09 tratáronse os temas
que se falaron nas asembleas e os asuntos que máis preocupan
ao colectivo de PAS laboral (sinatura do convenio, bolsas,
oposicións etc.) |
Na páxina do Comité hai un resumo da reunión.

privatización da telefonía-segue (15/05/09)
|
Sen ánimo de polemizar e para que
sirva de aclaración facemos este segundo comunicado.
|
 |
Ler o comunicado.

privatización da información telefónica (15/05/09)
|
A Universidade
privatizou o servizo de atención telefónica sobre o Plan
Boloña.
GSS é unha empresa de
telemarketing con varias sedes no Estado, entre elas A
Coruña, pero tamén en latinoamérica. Últimamente estas
empresas son moi dadas a desviar a atención telefónica a
países latinoamericanos para abaratar custos (desde aquí a
nosa solidariedade cos compañeiros/as de ATENTO
despedidos/as).
A
empresa GSS que realizará o “servizo” foi contratada polo
PP no ano 2007 para recoller inquedanzas e loar o traballo
do Partido Popular en Madrid (os sindicatos teñen en
marcha unha grande loita contra a política de privatizacións
de Esperanza Aguirre) .
http://www.contactcenter.es/numero35/sectores/sectores35_2.html
Ler
a nosa opinión
Prensa da Coruña
|
 Transitoria segunda, asembleas dos grupos 4a e 4b
|
DECISIÓN:
Celebradas as asembleas dos grupos 4A e
4B en Ferrol e Coruña a decisión dos traballadores/as dos dous grupos non
deixa marxe de dúbida sobre o seu desexo.O resultado está exposto na páxina web do
Comité:
http://www.udc.es/comiteempresa/
Os compañeiros/as, practicamente
por unanimidade, decidíronse pola vía da promoción sen mobilidade
contemplada na Transitoria Segunda do actual Convenio Colectivo.
Ler máis

CONVOCATORIA:
Ler máis
|
 convenio colectivo (06/02/09)
|
Realizadas xa varias reunións da comisión negociadora
do III Convenio compre que vos comentemos como vai indo a negociación.
Para a vosa información no seguinte ficheiro damos
conta de como está o proceso.
1ª Información da marcha do convenio
|
 |
 convenio colectivo (23/12/08)
 constitución da sección sindical (03/11/08)
|
O 30 de outubro constituímos a Sección
Sindical.
As seccións sindicais son unha instancia
organizativa dos sindicatos no interior da empresa.
Non obstante, o noso sindicato non quere facer
algo pechado, estando abertos á participación e as aportacións de
todos/as os/as compañeiros/as, sen que a afiliación sexa requirida para
a participación.
Somos conscientes de que nacemos dunha
iniciativa asemblearia e queremos continuar con esa dinámica.
Xuntámosvos as primeiras decisións tomadas que xa transmitimos á
empresa
|
 |
 constitución do comité de empresa (01/11/08)
|
O vindeiro mércores, día 5, unha vez rematados
os prazos legais, constituirase o Comité de Empresa de PAS Laboral.
A orde do día será a seguinte:
Constitución do Comité de Empresa.
Aprobación, se proceder, do Regulamento
de Funcionamento Interno do Comité de Empresa.
Elección de Cargos segundo o establecido
no Regulamento.
Rogos e preguntas.
Despois de moitos anos sen que legalmente se
regulase o funcionamento do Comité, e despois do acontecido na última
etapa do mesmo, consideramos imprescindible a existencia dunha norma na
que se estableza o comportamento do órgano que representa a todo o
Persoal Laboral.
Xúntase proposta de regulamento.
|
 |
 reclamación contra contrato programa (27/10/08)
Diante da resolución da convocatoria de
contratos programa temos que dicir:
A Comisión encargada da resolución da IV
convocatoria de contratos programa para o deseño estratéxico e a
innovación na UDC debería absterse de aprobar proxectos que causen,
entre o colectivo de traballadores/as, animadversión ou rexeitamento.
Unha comisión que, entre os seus membros,
conta coa presenza do xerente ten que coñecer que o procedemento
para a confección dun manual de funcións esixe o acordo co Comité de
Empresa.
Por todo isto vimos de facer unha reclamación contra a aprobación dun
contrato programa nos termos que se xunta.
 eleccións a comité de empresa, resultados (16/10/08)
 
peche da campaña electoral (14/10/08)
   
eleccións a comité de empresa, campaña electoral (07/10/08)
  

 pdi, xubilación por incapacidade (23/09/08)
O vello mito (timo) de que, xunto co persoal docente,
formamos parte da comunidade universitaria, e, polo tanto uns coma
outros somos traballadores subxetos a dereitos e deberes homólogos, cae
polo seu propio peso.
Outra mostra desta desigualdade decidiuse no Consello
de Goberno do 3 de abril de 2008 (aínda que tarde, informámosvos por si
non o sabiades ).
Cando nos tocará ao PAS?
Onde estaban, e están, os nosos representantes para
reclamar o mesmo?
Resumo consello de goberno.
Anexo14
 eleccións a comité, calendario electoral (03/09/08)
No día de onte colgouse no taboleiro, do teu centro
ou servizo, o calendario electoral que marcará o proceso para a elección
de novo Comité de Empresa.
Como non é moi rechamante é posíbel que nin te
decatases,
xuntámosche copia para que o coñezas .
Insistímosche en que este proceso electoral é
transcendente para o futuro do colectivo, por iso é absolutamente
imprescindible a túa participación activa.
 formación (25/08/08)
Nesta universidade a formación é un ben escaso e,
para algunha categoría profesional, inexistente.
A institución lávase a cara facendo enquisas que, en
moitos casos, non conclúen en ningún acto formativo.
Entre toda esta carencia, de vez en cando, aparece
unha convocatoria interesante para algúns traballadores/as,
desgraciadamente as bases ocúpanse de desilusionalos.
Recentemente publicouse unha
convocatoria de curso na páxina web da universidade, xuntámosvos a
nosa análise
|